CRTVG

Buscar

O Valladolid colle folgos en Xetafe (0-1)

Publicado o 02/01/2021 21:46

O Valladolid colle folgos logo do seu triunfo na casa do Xetafe, ao que lle igualou en intensidade. As primeiras ocasións foron para os de Bordalás, pero xusto antes do tempo de lecer Nacho inicia a xogada no lateral esquerdo cun pase en porfundidade para Kike Pérez, que centra sen moita convicción, pero o seu envío desvíao Cabaco coa viqueira da bota e coa cana, no segundo pau aparece Weissman para tirar proveito do contrapé de Rubén.


O israelí Weissman conseguía deste xeito o seu terceiro gol no que vai de campionato.
Cucurella, moi activo, tivo esta na súa cabeza...

E Nyon, de tiro cruzado tamén puido bater a Rubén Yañez...


Na segunda metade marabillosos centro de Kike Pérez que Jota engancha a queimaroupa e obriga a Rubén ao paradón do partido...

Nos últimos minutos o Valladolid fixo o que adoita facer o Xetafe cos seus rivais, pero este equipo de Bordalás perdeu a fe que tiña noutras campañas e nin sequera acertou a balón parado.
 

Noticias web

02/01/2021