CRTVG

Buscar

O Vall D'Hebrón anuncia o desenvolvemento dun novo fármaco antitumoral

Publicado o 11/06/2019 20:26

O hospital Vall d'Hebrón de Barcelona acaba de anunciar o desenvolvemento dun fármaco que evitaría que as células de moitos tumores poidan expandirse e causar metástase.

Como actúa? O novo fármaco bloquea unha proteína que está presente nalgúns tipos de cancro e que é a responsable de desactivar a alarma do sistema inmune.

De momento, xa superou a fase preclínica e comezouse a experimentar en corenta enfermos de Barcelona, Nova York e Toronto.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019