CRTVG

Buscar

O Vall D'Hebrón anuncia o desenvolvemento dun novo fármaco antitumoral

Publicado o 11/06/2019 16:10

O hospital Vall d'Hebrón de Barcelona anunciou o desenvolvemento dun fármaco que evitaría que as células de moitos tumores poidan expandirse e causar metástase.

O novo fármaco bloquea unha proteína que está presente nalgúns tipos de cancro e que é a responsable de desactivar a alarma do sistema inmune.

De momento, xa superou a fase preclínica e comezouse a experimentar en corenta enfermos de Barcelona, Nova York e Toronto.

"Este fármaco vai dirixido a aqueles tipos de cancro que teñen unha proteína concreta, que se chama LIF. Un dos grandes problemas que hai en oncoloxía é que os tumores son diferentes, cada enfermo ten un tumor diferente. Temos que saber nese enfermo concreto se ten o erro que descubrimos, se ten esa proteína para poder tratado especificamente".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019