CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O V Congreso Nacional de Áridos será en Santiago

Publicado o 31/01/2018 21:17

Santiago acollerá o vindeiro mes de outubro o quinto Congreso Nacional de Áridos. A crise fixo que a produción do sector caera un 80% en dez anos. Agora confían en que as cifras de negocio empecen a medrar de novo.

O congreso de áridos de outubro é evento cargado de boas expectativas. Despois de anos de crise, as empresas do sector confían en que a súa celebración supoña un aumento na actividade.
En Galicia hai nestes momentos máis de 70 explotacións que dan traballo a unhas setecentas persoas.
Esta quinta edición do congreso de Áridos terá ademais unha dimensión internacional. Xunto con el celebrarase o congreso da federación iberoamericana dos áridos e a mesa de Europa.

Telexornal Serán

31/01/2018