CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O uso do bitcoin é aínda anecdótico entre as empresas galegas

Publicado o 19/12/2017 14:59

O bitcoin é a moeda da que todo o mundo fala nas últimas semanas. A suba da súa cotización, ata alcanzar cotas impensables para esta divisa virtual, espertou o interese de moitas persoas. Saben canto vale UN bitcoin? pois case 15 mil euros. En Galicia ata o de agora son poucas as persoas que coñecen a fondo como funcionan os bitcoins e tamén poucas empresas que traballan con elas para realizar cobros e pagamentos. Non obstante, hai quen xa leva camiño andado.

Na cafetería deste hostal de Vilagarcía aceptan o pagamento con bitcoins. Foi dos primeiros negocios en Galicia en facelo.

Non obstante, aínda son poucos os que traballan con esta criptodivisa, que nos últimos tempos, debido ao ascenso da súa cotización, se está convertendo máis nun investimento que nunha moeda coa que comerciar.

A pesar diso, Luis defende a súa utilidade, incluso en pequenos negocios coma o seu.

Sexa como moeda ou como investimento, a día de hoxe o bitcoin é aínda un descoñecido para particulares e empresas. Lanzarse a un mundo como ese esperta temores: será seguro? Pódese converter nunha burbulla?

Se acaba convertida na moeda do futuro, só o tempo o dirá. Quen xa fixo negocio foi quen se anticipou e mercou hai moitos anos, xa que só nos últimos cinco multiplicou o seu prezo máis de cen mil veces.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí