CRTVG

Buscar

O uso da telepeaxe condiciona o acceso ás bonificacións da AP-9

Publicado o 28/07/2021 15:45

Tan só unhas horas antes de que se fagan efectivos os ansiados descontos na autoestrada do Atlántico os usuarios botan man da calculadora. Os que aínda non dispoñen do pago con telepeaxe terán que contratalo para poder optar á rebaixa.

Os prezos varían, pero un dispositivo de telepeaxe ten un custo anual aproximado de 25 euros. Compensará ou non dependendo do número de viaxes que fagamos ao ano na AP-9.

A obrigatoriedade do pago con telepeaxe xa mobilizou os veciños de Redondela, que convocaron unha manifestación. Este tramo pasa a ser de balde, pero só para aqueles que contraten un dispositivo de telepeaxe.

Outro dos requisitos para acceder aos descontos é facer a viaxe de volta nun prazo máximo de 24 horas.

Noticias web

28/07/2021