CRTVG

Buscar

O 'upsee' é un sistema que permite camiñar os nenos con problemas de mobilidade

Publicado o 16/05/2018 15:40

Hai cousa de catro anos, o tesón dunha nai israelí cuxo fillo estaba condenado a depender dunha cadeira de rodas derivou nun aparello que hoxe imos coñecer. Trátase dun sistema de arneses que simula o movemento natural ao camiñar e, sobre todo, vincula o neno co adulto que o leva.

Coa axuda de Santi e, por suposto, de Gabriel, imos coñecer como se traballa co 'upsee'. Un sinxelo sistema para rapaces con dificultades na mobilidade. O primeiro arnés colócaselle ao neno e o segundo ao adulto.

Por último, acóplanse un par de sandalias dobres e a camiñar, sempre que o neno cumpra certos parámetros. Con esta ferramenta mellóranse as habilidades motoras e fortalécense os músculos dos pequenos.

Hai catro anos, a coraxe dunha nai irlandesa cuxo fillo non camiñaba derivou nesta ferramenta que custa uns 500 euros. Non substitúe as terapias pero é unha axuda máis. E, sobre todo, alimenta o vínculo entre o adulto e o neno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018