CRTVG

Buscar

O único participante español no campionato mundial de billar chinés é de Sarria

Publicado o 02/01/2019 09:54

Un veciño de Sarria será o único español que participe no campionato mundial de billar chinés, en que competirán 64 xogadores de todo o mundo. Trátase dunha modalidade menos estendida ca o americano, e, como veremos agora, ten o seu aquel.

Xoán prepara con todo detalle a súa participación na gran final mundial de billar chinés. Este veciño de Sarria será o único representante español no torneo que terá lugar en xaneiro en Quinguandao, unha cidade que, curiosamente, está irmanada con Lugo. Alí competirá con 63 xogadores de todo o mundo. Sen dúbida, toda unha experiencia.

Xoán Pedro Durán, xogador de Villar: "É unha experiencia moi importante e innovadora. Un non está afeito a competir a estes niveis. Ir á China, ser o único xogador español... Marabilloso". "Estar nesta competición, que é a de máis nivel, é o grande evento do mundo, é aprender. Unha boa experiencia para mellorar e tentar conseguir patrocinadores".

No billar chinés, unha modalidade en auxe, o espazo polo que teñen que entrar as bólas é tres centímetros máis estreito ca no billar americano.

Despois de dúas décadas practicando, Xoán pertence ao Club de billar Teo e é xogador de primeira categoría nacional. Coma outros compañeiros afeitos ás modalidades tradicionais, sentiu interese por probar sorte co billar chinés. Entre o 17 e o 21 de xaneiro veremos de que é capaz.

Noticias web

02/01/2019