CRTVG

Buscar

O único concello sen contaxiados na provincia de Pontevedra é Campo Lameiro

Publicado o 04/10/2020 15:11

En Galicia só oito concellos están libres da covid−19. Na provincia de Pontevedra o único é Campo Lameiro, que con pouco máis de 1.800 persoas empadroadas nin tivo nin ten hoxe ningún contaxiado. Achegámonos ata o centro da vila, nun dos dous días de feira do mes, para saber se hai algún motivo para que ninguén teña alí a enfermidade. 

En Campo Lameiro non hai ocio nocturno nin botellóns nas prazas públicas, os parques seguen pechados desde marzo, optaron por non celebrar festas populares e gastronómicas en lugar de facelas con capacidade reducida e aquí o medo alumou porque o oitenta por cento da poboación é maior. Resultado: cero casos de coronavirus. Aínda así, no concello non sacan peito.

En Campo Lameiro só mantiveron a celebración de dúas feiras ao mes, o día 20 e o día 4, hoxe.

Campo Lameiro ten 1816 persoas empadroadas repartidas por seis parroquias rurais. Cóntanos o alcalde que durante o confinamento houbo 400 perosas máis, de Bilbao, de Vigo e de Pontevedra, que teñen no concello unha segunda residencia. Aínda así, cero casos, unha cifra marciana para 2020.

Noticias web

04/10/2020