CRTVG

Buscar

Unicaja pon a proba este domingo o novo proxecto do Obradoiro

Publicado o 18/09/2021 14:41

O Obradoiro inicia o campionato contra un clásico da competición, o Unicaja de Malaga, un deses equipos da zona aristocrática da Liga ACB con pedigree europeo.

"Imos xogar con moitos equipos da Euroliga, da Eurocup, con grandes presupostos, por iso é a mellor liga de Europa e o Málaga é un grande exemplo", asegurou José Luis Mateo.

No equipo destacan as incorporacións de xogadores de moita calidade e que poidan encaixar co ADN do cadro santiagués.

"Son xogadores que queriamos, que se identifican co proxecto, chegamos preparados para competir", asegurou o director xeral.

Máis aló do que poidan facer os xogadores na cancha, para Mateo o papel do Sar seguirá sendo determinante neste novo curso: "A afección é a nosa razón de ser, está comprobado que con eles somos un equipo moito máis potente en todos os sentidos".

Logo de medio século de historia, pandemia mediante, os de Moncho Fernández presentan o seu novo proxecto en sociedade, mañá, ás oito da tarde, en Málaga.

 

Noticias web

18/09/2021