CRTVG

Buscar

O último temporal deixa un regueiro de incidencias por toda Galicia

Publicado o 16/12/2020 14:15

chuvia ocasionou os maiores problemas en estradas e en vivendas e locais situados en zonas baixas en distintas partes de Galicia, como en Vigo, onde rebordou o Lagares.

Na área da Barbanza tamén tiveron noite brava de vento e chuvia. 

O vento forte foi o outro protagonista atmosférico desta noite e deixou pegadas como o derrubamento dunha arbore á beira do Miño, en Ourense.

No Morrazo, houbo asolagamentos en baixos e garaxes.

E tamén houbo leiras anegadas nas proximidades de Bertamiráns, en Ames. 

E despois de todo o que caeu nas horas nocturnas, esta mañá, tras o paso da borrasca, o ambiente era ben máis apracible e mesmo animaba ao paseo.

Noticias web

16/12/2020