CRTVG

Buscar

O último informe da ONU acusa o goberno venezolano de crimes contra a humanidade

Publicado o 17/09/2020 16:00

O último informe da ONU sobre Venezuela acusa o Goberno de Nicolás Maduro de cometer crimes contra a humanidade.

O documento dado a coñecer denuncia execucións extraxudiciais, desaparicións forzadas, detencións arbitrarias e tortura.

En total, a ONU documentou e identificou 223 casos, que, segundo a Misión Internacional de Investigación, lonxe de ser casos illados, foron cometidos e coordinados conforme a políticas de estado.

Nicolás Maduro cre que se trata dun informe pragado de falsidades.

Noticias web

17/09/2020