CRTVG

Buscar

O último en información mortuoria, unha "app" que informa sobre enterros e aniversarios

Publicado o 02/11/2019 11:03

Consultar as esquelas nos taboleiros de anuncios ou outros expositores ten os días contados. As empresas funerarias dixitalizan os seus servizos e nalgunhas coma esta de Lugo xa se poden consultar os enterros e tamén os aniversarios do día a través dunha aplicación de móbil. A app pode descargarse de balde e o seu manexo é moi sinxelo e intuitivo, pensado para as persoas de máis idade, que son as que máis demandan este tipo de información.

Jorge Balado, dono dunha funeraria di: "A xente achégase ás nosas instalacións para que lle expliquemos como funciona e descargala no móbil. Non se pide ningún tipo de dato persoal, e é moi intuitiva no manexo. Aparecen os datos da empresa e as esquelas dos defuntos con información sobre horarios do velorio e enterro".

Jorge Balado explica: "Fixemos un tenteo creando un grupo de Whatsapp e vimos que había moito interese en unirse ao grupo".

A aplicación conta cun sistema de alertas para estar ao día da información mortuoria.

Noticias web

02/11/2019