CRTVG

Buscar

O último Consello de Ministros non aprobará o estatuto electrointensivo

Publicado o 25/04/2019 21:10

• O Goberno xustifica o atraso por reticencias de Competencia

• A súa aprobación era clave para o futuro de Alcoa

 

O Consello de Ministros non aprobará mañá o estatuto electrointensivo, unha das medidas prometidas polo Goberno de Pedro Sánchez para evitar o peche das plantas de Alcoa.

Este estatuto é clave para o futuro das factorías da Coruña e Avilés, xa que as faría máis atractivas para unha posible venda. Os traballadores vanse manifestar mañá pola tarde para protestaren por esta decisión, que cualifican de fatídica. Como é o último Consello de Ministros da lexislatura, terán que agardar a que haxa novo Goberno.

Segundo o delegado do Goberno en Galicia, Competencia advertiu o Executivo de posibles eivas do proxecto.

 

 

Noticias web

25/04/2019