CRTVG

Buscar

O último concerto en España de Slayer cita para a segunda xornada do 'Resu'

Publicado o 04/07/2019 14:36

En Viveiro continúa celebrándose o Resurrection Fest . Por alí pasarán o longo destes días preto de cen mil persoas.

Nesta segunda xornada, os máis madrugadores xa pola mañá, ocupaban os lugares máis cercanos ao escenario para non perderse ningún dos concertos deste xoves. 

A cita principal é a da banda Slayer, na súa última xira, que dará en Viveiro o seu último concerto en España e que despois desta actuación se vai disolver. A organización di que "será o concerto máis grande e co maior despregamento técnico que xamais se fixo aquí" 

E mentres o público goza dos concertos, os comerciantes e hostaleiros xa fan números do que o festival supón para Viveiro e para toda a Mariña. "Para nós o impacto é brutal, nunca mellor dito, e moi acorde con esta semana. Realmente estamos a falar de máis de cen mil visitantes, que para unha vila como Viveiro imaxinádevos como pode repercutir iso economicamente. E a nivel provincial falamos duns dez millóns de euros que van quedar na provincia e na comarca. Todo iso repercute en que os negocios nesta semana teñen moito máis movemento, necesítase máis persoal, hai moitas máis contratacións e, ao ter a vila así, nós encantados", asegura Isabel Méndez, xerente Asociación de Comerciantes de Viveiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019