CRTVG

Buscar

O TXUE determina que España incumpriu varias das súas obrigas para protexer Doñana

Publicado o 24/06/2021 11:02
O TXUE determina que España incumpriu varias das súas obrigas para protexer Doñana

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea determinou este xoves que España incumpriu varias das súas obrigas para protexer o Espazo Natural andaluz de Doñana, a área que inclúe tres destacadas zonas de conservación de importancia europea segundo a directiva comunitaria sobre hábitat.

A sentenza indica que España non tivo en conta as extraccións de auga ilegais e as de auga para o abastecemento urbano na estimación das extraccións de auga subterránea da comarca de Doñana ao elaborar o Plan Hidrolóxico do Guadalquivir 2015-2021.

O Espazo Natural de Doñana comprende os terreos de cultivo de amorodos máis importantes de Europa, que se regan mediante a extracción de auga subterránea, polo que os acuíferos levan descendendo dende hai anos. Foi o que levou á Comisión Europea a denunciar a España .

 

Noticias web

24/06/2021