CRTVG

Buscar

O turismo termal, moi golpeado pola pandemia, comeza a reabrir moi devagar

Publicado o 18/05/2021 20:51

As perdas que a pandemia provocou no turismo termal son incontables, alertan dende a Asociación de Balnearios de Galicia. Pero comezan a ver luz ao final do túnel, iso si, moi devagar.

Este hotel balneario de Laias e o Mondariz son os únicos de Galicia que están a día de hoxe abertos.
Este martes hai só 20 persoas aloxadas, si tiveron un 90 por cento de ocupación na ponte das Letras e tamén as fins de semanas comezan a ser boas, a maioría das reservas son de última hora.

Caldaria agarda abrir o da Arnoia dentro dun mes, o resto de balnearios esperan poder ir retomando os servizos con vistas ao verán tamén, pero con moita cautela.

Dos 21 balnearios que hai en Galicia, hai algúns que levan ata ano e medio pechados.

Noticias web

18/05/2021