CRTVG

Buscar

O turismo rural preséntase como unha opción segura para pasar as vacacións de verán

Publicado o 09/05/2020 20:57

A hostalería está pechada e o verán preséntase atípico. Non será ata que se supere a terceira fase de desescalada cando se levanten todas as restricións, así que a recuperación no sector da hospedaxe preséntase a longo prazo.


Os establecementos de turismo rural emerxen como unha opción que cumpre con moitos requisitos para evitar contaxios. A maior parte implican o alugueiro da casa completa, non se comparten espazos con máis clientes e acostuman estar nunha contorna natural con terreo.

É outra forma de planificar as vacacións nun tempo de incerteza.

 

Noticias web

09/05/2020