CRTVG

Buscar

O turismo resiste en agosto en Ourense, aínda que con cifras afastadas das do ano pasado

Publicado o 18/08/2020 14:33

É unha das iconas do turismo en Ourense e nin a chuvia lles impedía hoxe aos visitantes inmortalizar a súa visita ás Burgas. 

Non se chegan a esas datas, pero xa se superaron o número total de turistas recibido en todo mes de xullo. En balnearios coma esta de Laias a ocupación é do 70 por cento. Neste caso a maior parte son clientes xa habituais que valoran o protocolo sanitario establecido.

O ir e vir de maletas é habitual estes días nos aloxamentos rurais.

O que caeu sobre todo é o turismo extranxeiro. A maior parte dos visitantes que elixen a provincia de Ourense son de Madrid, Cataluña e do País Vasco. Reservas de última hora que buscan fuxir das aglomeracións e gozar do contacto coa natureza.

Noticias web

18/08/2020