CRTVG

Buscar

O turismo relixioso converte a Ribeira Sacra nun referente europeo

Publicado o 29/07/2021 20:30

A Ribeira Sacra non é só viño. Os centos de igrexas, conventos, casas reitorais ou cruceiros que acolle convertéronse nun reclamo turístico de primeira magnitude e todos os anos reciben milleiros de visitantes. Este éxito espertou o interese da rexión de Rezekne, en Letonia, que conta cun patrimonio semellante, pero que non consegue poñelo en valor. Por iso, queren aprender o modelo das beiras do Sil e o Miño.

En outubro está prevista a visita dunha delegación de 25 membros do GDR de Rezekne para coñecer en detalle como operan as empresas turísticas da Ribeira Sacra e como se coida o patrimonio relixioso e artístico desta zona. A cambio da aprendizaxe, os viños e outros produtos da Ribeira Sacra terán un escaparate imprevisto naquela rexión de Letonia.

A rexión de Rezekne é de maioría católica e conta con numerosos mosteiros e catedrais. Incluso hai unha pequena produción vinícola, que a fai semellante á Ribeira Sacra.

Noticias web

29/07/2021