CRTVG

Buscar

O turismo náutico esperta o interese de novos e familias de cara a unhas vacacións diferentes

Publicado o 01/06/2020 14:33

O turismo náutico pode ser un bo recurso para unhas vacacións diferentes e lonxe das aglomeracións. O sector detecta un aumento considerable do interese de persoas de dentro e de fóra da comunidade polas rutas náuticas galegas. Mesmo aseguran que este pode ser o ano de Galicia neste ámbito.

Gozar das vacacións nun barco foi sempre un pracer, pero é que agora preséntase ademais como unha opción idónea para poder manter as distancias sociais. E os portos galegos están no punto de mira de moitos. Estas últimas semanas medrou significativamente a demanda de embarcacións de alugueiro para turismo familiar.

José Manuel Fernández, vicepresidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas, di que está claro que nos preocupa a masificación e que Galicia pode ser unha válvula de escape este verán. Creo que este vai ser o ano de Galicia.

Así, por exemplo, en Sanxenxo non quedan practicamente xa amarres libres para o verán

Jesús Quintáns, contramaestre do porto deportivo de Sanxenxo, di que as empresas náuticas informan que están recibindo moitas peticións de reseva.

E é que o mar e os barcos son o ideal para os que fuxen das aglomeracións

José Manuel Fernández di que nos portos so se manteñen as interaccións sociais xustas. Jesús Quintáns di que Galicia é un sitio adecuado para navegar todo o ano e gozar das rias e cre que vai ser unha repunta.

Portos de Galicia acaba, precisamente, de elaborar unha guía dos amarres e os servizos náuticos para promocionar a costa galega a nivel nacional e internacional.

Noticias web

01/06/2020