CRTVG

Buscar

O turismo nacional salva o mes de agosto

Publicado o 31/08/2021 12:37

Remata un mes de agosto mellor do que se esperaba no sector do turismo. Hoxe é día de facer maletas e balance: "Gustounos moito o ambiente, o hotel e a gastronomía. Como somos do norte, apreciamos moito tanto o viño como o tapeo".

O turismo nacional encheu os hoteis este mes de agosto. En Sanxenxo botaron en falta a clientela portuguesa. Así e todo rozaron o cen por cento de ocupación. 

"Necesitabamos ter unha boa temporada de verán. Tanto o mes de xullo coma o de agosto foron completamente distintos aos do ano pasado, non era difícil. Rozamos as cifras de 2019 e, polo tanto, moita ledicia no final do mes de agosto e esperando que setembro sexa igual para seguir avanzando e recuperándonos", di Leo López, director do hotel Carlos I Silgar.

Nos cámpings parece que o balance dos meses fortes do verán non foi tan positivo.

"Houbo unha ocupación respectable en agosto, pero xullo foi malo en todos os aspectos: tempo, ocupación de xente polas circunstancias da pandemia", explica Camilo Balseiro, xerente do cámping de Baltar, en Portonovo.

Todos agardan que en setembro continúen con ocupacións altas.

 

 

Noticias web

31/08/2021