CRTVG

Buscar

O turismo nacional enche de visitantes as cidades galegas durante a ponte

Publicado o 06/12/2018 15:12

Galicia é un bo plan para pasar catro días. Iso é o que pensaron os visitantes doutras comunidades que nesta ponte nos elixiron como lugar de destino. O que os chama é o patrimonio histórico, en especial o de Santiago, pero tamén a paisaxe e, sobre todo, a gastronomía. 

Fisterra, Vigo, Ourense, a Ribeira Sacra e, por suposto, Compostela. Eses son os destinos preferidos dos que se deixaron engaiolar por polos sons do nordés peninsular para pasar esta ponte decembro.

Son uns días case exlusivos para o turismo nacional. Algúns coma este grupo de Málaga, veñen por vínculos previos co Camiño de Santiago.

No sector hostaleiro agardan a que os visitantes de proximidade lles axuden a última hora a completar un aforo que polo de agora din que está algo máis de mediado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018