CRTVG

Buscar

O turismo internacional caeu un 75% en España durante o mes de xullo

Publicado o 01/09/2020 16:26
O turismo internacional caeu un 75% en España durante o mes de xullo

O impacto económico da pandemia é especialmente evidente no turismo. A chegada de turistas internacionais a España afundiuse en xullo un 75 por cento. Ese mes chegaron dous millóns e medio de visitantes estranxeiros, o que supón unha perda de máis de sete millóns con respecto ao ano pasado, mentres que o gasto realizado diminuíu case un oitenta por cento.

Francia foi o principal emisor, e as Illas Baleares o destino máis elixido polos viaxeiros. Entre xuño e xullo España perdeu máis de 16 millóns de turistas internacionais.

Noticias web

01/09/2020