CRTVG

Buscar

O turismo impulsa a venda de lotaría do Nadal

Publicado o 13/07/2021 14:11

Chegou un pouco antes que anos atrás, pero aínda así xa había quen a botaba en falta. "Entre a pouca xente que veu de vacacións xa había quen preguntaba por ela para levala", di María Josefa Barca, loteira da Coruña.

Nos últimos, anos converteuse no souvenir preferido dos turistas. "Nesta época os que mercan son os turistas...", comenta Xavier Soto, loteiro da Coruña.

Pero tamén algún ca outro cidadán local: "Non vaia ser que despois non teñamos pasta".

Un ano máis, entre os números máis demandados volven estar o 13 e mais o 15.

Estímase que os primeiros días da venda de lotaría do Nadal se concentran máis do 10 por cento do total das vendas online de todo este mes de xullo. Con todo, moitos cren que aínda non é tempo de mercar un décimo para o sorteo do 22 de decembro. "Aínda queda moito e hai tempo de sobra para mercar".

En total, poranse á venda 172 millóns de décimos e o Gordo outorgará 400 mil euros ao décimo afortunado. Para saber ese número si teremos agardar algo máis de cinco meses.

Noticias web

13/07/2021