O turismo de volcán leva unha década en auxe aguilloado polas redes sociais
No primeira semana de erupción do Cumbre Vieja escoitamos os lamentos da Garda Civil polas molestias que estaban causando os turistas que chegaron para ver e gravar o volcán desde cerca. Nos días seguintes chegaron á Palma máis curiosos procedentes de toda Europa. O turismo volcánico navega entre a experiencia de apesararse pola traxedia e a de gozar da grandiosidade da natureza.
A revista National Geografic publicou hai meses que o turismo volcánico está en auxe desde hai unha década, aguilloado polas redes sociais e os "cazadores de lava". As axencias de viaxes na rede —chega con buscalas— ofrecen paquetes por exemplo a Islandia ou Hawai, ao volcán Kilawuea, que leva activo desde 1983.
Despois de tres semanas de actividade do Cumbre Vieja comezamos a ver esta clase de turistas que chegan á Palma coa idea de ver algo formidable, precioso e único. Pero cando ven o volcán, cando o inmortalizan nas súas cámaras descobren no mesmo plano que esta marabilla que regula a sustentabilidade da Terra é tamén unha catástrofe humana.
Nesta liña, unha londiniense de turismo na illa di que lle resulta moi triste ver a lava baixando porque está destruíndo moitas máis casas, pero que aínda así se lle fai perfecto para ver tamén a beleza natural deste lado das cousas. Un turista francés descríbeo como incríbel, ruidoso, poderoso e cheo de beleza. Ademais dos europeos, son moitos os veciños das outras illas das Canarias que se achegan a presenciar algo histórico.
A psiquiatría explica que o turismo de catástrofe, visitar como turista os lugares onde ocorreu unha traxedia provocada pola natureza, como un tsunami, ou polos homes, como Austwitz, responde a varios factores: o morbo, compartir a dor ou poder ver, a salvo, o impensable, o que nos puido pasar a nós pero lles ocorreu a outros.