CRTVG

Buscar

Os comercientes de Poio piden prazas de aparcamentos para os turistas para que non invadan as rúas

Publicado o 20/08/2019 13:50

A falta de aparcadoiro comeza a ser un grave problema para veciños e comerciantes de varias parroquias de Poio porque din que xa non poden nin parar a comprar unha barra de pan. E se o fan corren o risco de seren multados.

Levan varias semanas recollendo sinaturas a través da plataforma de San Salvador para que se faga un aparcadoiro municipal dado que a baixada nas vendas comeza a ser para moitos deles unha realidade.

Liñas amarelas, sinais de prohibición de estacionamento e pivotes de seguridade que diminuíron, segundo din, aínda máis as prazas de aparcadoiro dunha zona que no ámbito demográfico aumentou considerablemente a súa poboación.

Cren que hai unha solución posible e por iso, a plataforma de San Salvador, xa leva recollidas en apenas quince días preto de 1.000 sinaturas.

Antes de ter que pechar os seus negocios queren esgotar todas as vías posibles. Por iso non desbotan mobilizacións para buscar unha dobre solución: aumentar as prazas de aparcadoiro e garantir así o futuro comercial destas parroquias de Poio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019