CRTVG

Buscar

O turismo alemán segue a chegar ás Baleares esta Semana Santa

Publicado o 28/03/2021 15:18

Madrid é o destino favorito para franceses e as illas Baleares convertéronse no lugar ideal para os alemáns.

No aeroporto de Palma estaban programados para este domingo máis de 70 voos, moitos cheos de turistas xermanos que buscan nesta primavera unha illa diferente á doutros anos.

Saben que non hai ocio nocturno, pero tampouco agardan masificacións. Escapan do seu país e das duras restrición impostas polo Goberno alemán, cando os datos de contaxios se manteñen nunha tendencia ascendente que preocupa as autoridades.

Noticias web

28/03/2021