CRTVG

Buscar

O TSXG tomba a obriga de presentar certificado covid para acceder á hostalería

Publicado o 12/08/2021 12:45

• Anula a vixencia da medida decretada nos concellos con alta incidencia para entrar nos locais porque a Xunta non solicitou a autorización xudicial | Sorpresa na rúa e na hostalería

BNG e PSdeG califican de "chapuza" o ocorrido

EFE

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou que a obriga de presentar un certificado covid-19 para acceder ao interior de establecementos hostaleiros e locais de lecer nocturno en Galicia carece de vixencia, ao non estar autorizada xudicialmente.

Os maxistrados explican en dous autos notificados este xoves que a Xunta non remitiu ao Alto Tribunal a orde do 22 de xullo que contiña o requirimento de presentar a certificado covid-19 en establecementos de hostalería e restauración. "Este anómalo proceder por parte da Xunta induciu a confusión", indican os maxistrados.

Tamén explican que na resolución emitida a semana pasada na que denegaron a medida cautelarísima solicitada pola Asociación de Empresarios Lugo Monumental para que se suspendese a obriga de presentar o certificado "non se fixo mención algunha ás razóns que se expoñen nos presentes autos ao dar por sentado que as medidas cuxa suspensión se instaba foran sometidas a previa autorización polo TSXG".

No auto de data 6 de agosto, explica o TSXG, sobre o que non cabe recursos, os xuíces non avalaron o requirimento imposto polo Goberno galego, senón que, dado que a tramitación das medidas cautelarísimas supón que non se dea traslado do recurso á Xunta, polo que o tribunal acordou que continuase a tramitación. É dicir, unha vez que o Goberno galego tivese s posibilidade de xustificar a adopción da medida fronte ao recurso interposto polos hostaleiros, o TSXG tomaría unha decisión sobre a súa procedencia.

Nos dous autos notificados este xoves, en que a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo suspende o requirimento de presentar o certificado, denega as medidas cautelarísimas para que se anulase esa obrigación solicitadas pola Asociación Liberum e por hostaleiros de Santiago de Compostela, pois a medida que instan suspender "xa carece de vixencia en Galicia ao non ser autorizada polo TSXG".

 

Noticias web

12/08/2021