CRTVG

Buscar

O TSXG rexeita suspender as restricións na hostalaría da Coruña

Publicado o 13/08/2020 20:42

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita suspender de xeito cautelar as restricións impostas pola Xunta na hostalaría da comarca da Coruña para frear a propagación da covid-19.

O tribunal non comparte as alegacións presentadas pola Asociación de Empresarios de Hostalaría da Coruña. Entende que o interese xeral na protección da saúde pública está por riba do interese do sector en evitar prexuízos económicos.

 

Noticias web

13/08/2020