O TSXG rexeita a suspensión urxente do peche da hostalería
Publicado o 18/02/2021 15:05
A hostalería da Coruña acudira aos tribunais para anular o seu peche, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia di que non se anula a orde da Xunta.
Tras a sentenza favorable aos hostaleiros do País Vasco, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña reclamara a suspensión cautelarísima da orde da restrición que dende o 26 de xaneiro limita a súa actividade á recollida no local ou servizo a domicilio.
Pero a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza rexeita suspender de inmediato a orde da Xunta. Non aprecia as circunstancias de urxencia que alega o sector, e opta por tramitar esta solicitude como ordinaria, o que tamén lle permitirá escoitar os argumentos da Administración.