CRTVG

Buscar

Unha sentenza do TSXG di que a Xunta comete fraude cos interinos de longa duración

Publicado o 05/06/2021 19:58

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que a Xunta comete fraude cos traballadores interinos de longa duración se non convoca as prazas.

Desestima así o recurso pesentado pola Administración contra unha sentenza dun xulgado de Lugo, que establecía que un traballador que levaba vinte anos como interino debia ser considerado como indefinido non fixo.

O alto tribunal explica que a crise financeira de 2008 paralizou as convocatorias de emprego público durante un tempo pero que 20 anos de interinidade son excesivos.

Noticias web

05/06/2021