CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O TSXG desestima a petición de non pechar o CPI Monte Caxado

Publicado o 06/09/2017 14:55

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima a petición do Concello das Pontes e da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CPI Monte Caxado para evitar o peche do colexio. O tribunal considera que a atención dos alumnos recolocados noutros centros será equiparable á actual. Concello e comunidade educativa alegaban que se vulneraba o dereito das familias a elixir centro escolar para os seus fillos e insistían en reclamar atención á diversidade para os 63 alumnos con necesidades educativas especiais. O alumnos de infantil e primaria deste centro quedaron adscritos ao CEIP A Magdalena, situado ao carón, e os de secundaria, ao IES Moncho Valcarce.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí