CRTVG

Buscar

O TSXG confirma a condena de oito anos para o acusado de violar unha muller en Ourense

Publicado o 17/01/2019 14:12

O TSXG confirma a condena de oito anos para un veciño de Ourense acusado de violar unha muller nun garaxe da cidade. Os maxistrados consideran acreditada a versión da vítima. O sospeitoso acompañouna á casa despois de coñecerse nun bar. Ao longo do traxecto intentou bicala, pero ela negouse, o home seguiuna, abalanzouse sobre ela e, finalmente, violouna. A muller opúxose e forcexou co acusado, que mesmo chegou a meterlle os dedos na boca para que a xente non escoitara os berros. Un condutor que pasaba pola zona foi quen alertou a policía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019