CRTVG

Buscar

O TSXG confirma a condena de 26 anos e medio de prisión para o autor do crime de Cabana de Bergantiños

Publicado o 19/11/2020 14:01
O TSXG confirma a condena de 26 anos e medio de prisión para o autor do crime de Cabana de Bergantiños

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de confirmar a condena de 26 anos e medio de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña lle impuxera ao home que asasinou a súa muller en Cabana de Bergantiños en agosto de 2018.

Julián Gil, de 58 anos, matou a Ana Belén Varela, de 50, ao dispararlle polas costas dúas veces e unha terceira na cabeza cando xa estaba tendida no chan. O alto tribunal galego rexeitou o recurso contra a sentenza que interpuxera o acusado e avalou a concorrencia das agravantes de xénero e parentesco.

Noticias web

19/11/2020