CRTVG

Buscar

O TSXG confirma a condena de 19 anos para o home que abusou das fillas da parella

Publicado o 25/01/2019 14:29

O Tribunal Superior de Xustiza confirmou a sentenza da Audiencia de Pontevedra que condenou un veciño de Vilagarcía por agredir e abusar sexualmente das fillas da súa parella. O Tribunal Superior confirma a pena de 19 anos de cárcere e 13 anos de liberdade vixiada para o agresor, que se aproveitaba de que as dúas nenas quedaban ao seu coidado cando a nai ía traballar para abusar delas. As nenas eran menores de idade cando sucederon os feitos entre os anos 2012 e 2015.

Noticias web

25/01/2019