CRTVG

Buscar

O TSXG condena a 20 anos a Javier Gabarri por agresión sexual e retención ilegal dunha moza

Publicado o 22/04/2020 12:31

20 anos de cárcere. É a pena imposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Javier Gabarri, do coñecido clan dos Madriles, por reter no seu domicilio unha moza de 25 anos.

Sucedeu hai dous anos cando, ao longo de 19 días, a agrediu sexualmente, a golpeou e a someteu a un trato vexatoiro. A pena tamén contempla a prohibición de comunicarse coa vítima e unha indeminzación polos danos morais causados.

O tribunal dálle credibililidade ao testemuño da moza, que asegurou que a obrigaba a consumir drogas e a inxerir os seus propios vómitos. Tamén condena os pais e irmáns do agresor a cinco anos por ser cooperadores necesarios dun delito de detención ilegal.

Noticias web

22/04/2020