CRTVG

Buscar

O TSXG avala os beneficios fiscais das parellas de feito inscritas no rexistro ao herdar

Publicado o 11/03/2020 09:40

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a esixencia de inscrición no rexistro de parellas de feito a efectos de tributación no imposto de sucesións, polo cal rexeita expor unha cuestión de inconstitucionalidade da lei galega nesta materia.

A normativa galega de tributos dispón que só se equipararán ao matrimonio as unións de dúas persoas maiores de idade que convivan nunha relación análoga e que se inscriban no rexistro de parellas de feito de Galicia.

O Tribunal lembra tamén que Galicia ten competencias para lexislar en materia civil na sentenza que lle denega a unha muller que convivía coa súa parella os beneficios fiscais para recibir a herdanza por non estaren inscritos no rexistro oficial.

Noticias web

11/03/2020