CRTVG

Buscar

Elevan as condenas a un home e a súa familia polo secuestro e violación dunha muller en Ourense

Publicado o 21/04/2020 20:13
Elevan as condenas a un home e a súa familia polo secuestro e violación dunha muller en Ourense

O TSXG estimou parcialmente o recurso dunha muller que, en xaneiro de 2018, fora retida contra a súa vontade nun domicilio de Ourense e sometida a constantes vexacións, agresións sexuais, golpes e outros ataques.

Incrementouse a condena dos procesados por estes feitos: un home de 40 anos, os seus pais e os seus irmáns. A Audiencia Provincial de Ourense condenou a Javier G. J. a  20 anos de cárcere como autor dos delitos de detención ilegal, agresión sexual agravada e un delito contra a integridade moral. 

Por outra banda, condenou os pais deste, Ana J. G. e Luis Manuel G. M., e os seus irmáns, Ángel, José Luis e Alberto a dous anos e medio de cárcere para cada un por seren cómplices no delito de detención de ilegal.   

A representación da vítima recorreu, e o alto tribunal galego estimou parcialmente o recurso, de xeito que aumentou en tres meses a pena de cárcere de Javier, ao consideralo tamén autor dun delito de lesións. Condenou a cinco anos de cárcere cada un dos proxenitores deste acusado, e os seus irmáns Ángel e José Luis, mantendo para Alberto a pena de dous anos e medio de prisión, por entender que non foron meros cómplices, senón cooperadores necesarios.

A participación destes acusados vai "máis aló da mera e episódica colaboración que si puidese enmarcarse na complicidade", apuntou o tribunal.