CRTVG

Buscar

O TSXG anula a prohibición de establecer pisos turísticos na zona histórica de Compostela

Publicado o 26/10/2020 21:57

As vivendas da zona vella de Santiago vanse poder transformar en pisos de alugueiro turístico. A xustiza bota por terra a prohibición que aprobara o pleno do concello en 2018.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolle de forma parcial o recurso presentado por un particular, e anula así a prohibición de establecer pisos turísticos na cidade histórica.

Todo por unha cuestión de forma, porque os maxistrados entenden que o Concello tiña a obriga de someter esta prohibición a información pública, xa que implicaba modificacións substanciais no plan especial da zona vella.

O xulgado galego non cuestiona o obxectivo da normativa do Concello, que pretendía preservar a cidade histórica como lugar de residencia, pero así e todo decide anulala por infrinxir o procedemento.

 

Noticias web

26/10/2020