CRTVG

Buscar

O TSXG acolle a vista de apelación polo dobre crime de Arzúa

Publicado o 23/06/2020 14:53

Volve aos xulgados o caso do dobre crime de Arzúa. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu esta mañá a vista de apelación contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que decretara o ingreso nun centro psiquiátrico, por un máximo de 30 anos, para a muller que matou dous anciáns en Arzúa. A defensa considera que a medida imposta é un despropósito porque non existe perigosidade.

Os feitos ocorreron en 2016. A muller, que se atopaba en tratamento psiquiátrico, acoitelou a parella de anciáns aos que coidaba mentres durmían e logo tamén feriu o seu sogro.

Noticias web

23/06/2020