CRTVG

Buscar

O TSXG acolle a vista de apelación polo crime de Marta Sequeiro en Ferrol

Publicado o 14/11/2017 13:59

Outro crime que volve á actualidade pasando polos tribunais. Recordarán en abril do ano pasado o asasinato en Ferrol de Marta Sequeiro, a camareira asasinada a coiteladas no bar en que traballaba. Hoxe o Tribunal Superior de Xustiza acolleu unha vista para resolver o recurso de apelación que presentou a defensa do seu asasino confeso.

O xurado non tivo dúbidas e a decisión tomouse por unanimidade: Víctor Timiraos asasinou a Marta Sequeiro, con asañamento e aleivosía. Apuñalouna ata 64 veces cun coitelo que el mesmo colleu no bar en que a muller traballaba e por iso foi condenado. Con todo, a súa defensa pide que se repita o xuízo. Foi o que expuso hoxe ante os maxistrados do Alto Tribunal galego. Di que non se practicaron probas que son esenciais e non só iso, senón que a decisión que tomou o xurado non estaba suficientemente motivada.

Para o Ministerio Fiscal e a familia de Marta Sequeiro, este recurso é inadmisible. 

Pídenlle ao máximo tribunal galego que confirme a sentenza da Audiencia Provincial que condenou a Víctor Timiraos a 21 anos de cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017