O TSXG acolle a vista de apelación polo crime de Chapela
Publicado o 19/11/2019 14:45
José Luis Luna Pereira sentou no banco do TSXG. A súa defensa pediu que se revisara a sentenza, que o condenou a 41 anos de cadea, e en que se reflicte como feito probado que disparou no peito a vítima cando lle recriminou que estivese a ouriñar na praia de Arealonga, en Redondela, na noite de San Xoán de 2017. O xurado popular tamén considerou acreditado que disparou contra outro mozo polas costas, aínda que errou no tiro.
Amais, a defensa pide primeiro como eximentes, e subsidiariamente como atenuantes, a alteración psíquica, intoxicación etílica e cadro de abstinencia.
Agora, o alto tribunal galego será quen resolva este recurso de apelación.