CRTVG

Buscar

O TSXC suspende exisir o certificado covid para acceder aos locais en Canarias

Publicado o 29/07/2021 17:35
O TSXC suspende exisir o certificado covid para acceder aos locais en Canarias

A Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias suspendeu de forma cautelar a medida do Goberno de Canarias de esixir certificado covid ou proba diagnóstica aos cidadáns para acceder a establecementos de hostalería e restauración.

Quedou suspendido o peche total entre as 00.00 e as 06.00 horas, ademais o límite de ocupación no interior dos establecementos de hostalería e restauración queda fixado nun 50 por cento tanto en nivel 3 como no 4, segundo recolle o auto ditado polo TSXC tras o recurso interposto por Hostalería Unida Tenerife. 

Suspéndese o límite de ocupación no interior de ximnasios e actividades físicas non federadas en zonas interiores, así como cines, teatros, auditorios e espazos culturais, quedando fixado nun 55 por cento para o nivel 4 e sen que se pode esixir para o acceso a estes lugares o certificado covid ou proba diagnóstica de infección activa. 

Noticias web

29/07/2021