CRTVG

Buscar

O TSXC rexeita investigar a querela do PP contra Torra por usurpación

Publicado o 25/02/2020 10:08
O TSXC rexeita investigar a querela do PP contra Torra por usurpación

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) rexeitou investigar a querela por usurpación de funcións que o PP presentou contra o presidente da Generalitat, Quim Torra, ao entender que non hai ningún "acto xurídico" do Parlament nin da xustiza que ordenase o seu cesamento.

Nun auto, a sala civil e penal do TSXC resolve, de acordo co criterio da Fiscalía, non admitir a trámite a querela que o PP presentou contra Torra, na que lle acusaba de manterse no cargo a pesar de que o  Parlament lle retirara a acta de deputado por mor da súa condena a inhabilitación, aínda non firme. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí