CRTVG

Buscar

Quim Torra, procesado por non retirar os lazos amarelos dos edificios públicos

Publicado o 27/06/2019 13:48
Quim Torra, procesado por non retirar os lazos amarelos dos edificios públicos

Quim Torra está a un paso de sentar no banco dos acusados. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña procésao por manter os lazos amarelos nos edificios públicos durante a campaña das eleccións xerais ,a pesar de que a Xunta Electoral lle ordenou quitalos. O maxistrado rexeita a petición de Torra de arquivar a causa aberta contra el por desobediencia. O xuíz abre o trámite para que as partes presenten o escrito de acusación, paso previo á apertura de xuízo contra o presidente catalán.

Noticias web

27/06/2019