CRTVG

Buscar

O TSX de Galicia acolle a vista de apleación sobre a morte dun home en Fisterra

Publicado o 29/01/2019 14:31

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu esta mañá a vista de apelación sobre a morte dun home en Fisterra a mediados de decembro do 2016. A acusación particular pediu que se repita o xuízo porque di que o xurado popular obviou dúas probas relevantes á hora de emitir o seu veredicto.

A defensa sostén que a sentenza está perfectamente fundamentada e agarda que non haxa ningún tipo de sorpresa.

Andrés Santos sentou desta volta no banco da sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para asistir á vista de apelación contra a sentenza da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña que, de acordo co veredicto do xurado popular, absolveuno dun delito de asasinato e outro de roubo con violencia.

Acusábano de, supostamente, acabar coa vida dun veciño de Fisterra, ao que lle roubaría despois unha importante cantidade de cartos tras ir á súa casa mercar substancias estupefacientes.

A Fiscalía pedía para el 25 anos de cadea e a acusación particular, 27. Porén finalmente, o xurado popular, declarouno non culpable. A sentenza non convenceu áafamilia da vítima e presentaron o recurso. A avogada afirma que o xurado popular obviou dúas probas relevantes á hora de emitir o seu veredicto. Di que existe vulneración da tutela xudicial efectiva por non motivar por que desbotaron unha serie de probas e pide que se repita o xuízo. Porén, para a defensa, a sentenza está perfectamente fundamentada. Agora, o alto tribunal galego será quen teña que pronunciarse.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019