CRTVG

Buscar

O tricampión mundial de pesca con mosca é galego

Publicado o 24/09/2016 14:07

O coruñés David Arcay conseguiu o seu terceiro ouro no campionato do mundo da disciplina por equipos nos Estados Unidos

O coruñés David Arcay conseguiu o seu terceiro ouro no campionato do mundo de pesca con mosca con equipo español. Na proba celebrada nos Estados Unidos aguantaron o tirón dos franceses, que foron os segundos clasificados e dos norteamericanos, que quedaron de terceiros na casa.

David amosa con orgullo as súas tres medallas de ouro acadadas de xeito individual en Eslovenia en 2012, e por equipos en Bosnia o ano pasado e a que acaba de saír do forno.

Di que é unha mágoa que non se valore a súa actuación, e que teñan que sufragar eles mesmos parte do gastos para ir aos campionatos. En Colorado eran os favoritos dos 24 países do torneo. 

É o máis novo do equipo e o campión máis novo da historia, título que adquiriu aos 21 anos coa medalla de Eslovenia. Froito, di, de toda unha vida co anzol na man. Leva pescando dende os catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2016