CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo rexeita o uso do certificado covid no ocio nocturno de Andalucía

Publicado o 18/08/2021 21:10
O Tribunal Supremo rexeita o uso do certificado covid no ocio nocturno de Andalucía

O Tribunal Supremo rexeita esixir o pasaporte covid para o ocio nocturno en Andalucía. O Alto Tribunal desestimou o recurso que presentara o Goberno andaluz tan pronto a xustiza autonómica lles impedira utilizar ese pasaporte sanitario.

Os xuíces do Supremo argumentan que a medida castiga o sector do ocio nocturno en toda a comunidade, con independencia da situación sanitaria de cada provincia, e di que non hai xustificación suficiente para adoptala.

Noticias web

18/08/2021