CRTVG

Buscar

O Supremo revisará o mércores a condena do Chicle polo asasinato de Diana Quer

Publicado o 23/11/2020 15:23

O caso Diana Quer volverá ser actualidade esta semana. O Tribunal Supremo revisa este mércores a condena a prisión permanente revisable imposta a José Enrique Abuín, o Chicle, por asasinar e agredir sexualmente a Diana Quer. 

A moza madrileña Diana Quer desaparecía a madrugada do 22 de agosto de 2016 na Pobra do Caramiñal. O seu corpo aparecía 500 días despois somerxido nun pozo dunha nave da parroquia de Asados, en Rianxo, a escasos metros da casa dos pais do José Enrique Abuín.

En novembro de 2019, o Chicle sentaba no banco dos acusados da Audiencia Provincial da Coruña, onde un xurado popular p declaraba por unanimidade culpable de agresion sexual e asasinato de Diana Quer.

Durante o xuízo, a súa letrada xa alegara que o proceso non fora limpo e, tras a sentenza de decembro que condenaba a José Enrique Abuín a prisión permante revisable, demandou ante o Tribunal Superipor de Xustiza de Galicia a nulidade do xuízo.

Entre as alegacións, asegura o proceso estivo contaminado, que non se respectou a presunción de inocencia, nin os dereitos básicos do seu defendido. Alega que o Chicle foi condenado sen probas, en base a suposicións. E acusa os investigadores de manipular probas como a brida atopada no pozo xunto ao corpo de Diana.

En xuño de 2020 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña ao entender que non había dubida ningunha de que os feitos foran debidamente acreditados.

A defensa de Abuín presenta entón un recurso de apelación ante o Tribunal Supremo, que este mércores procederá á revisión da condena a prisión permanente de José Enrique Abuín. Tanto a deliberación coma a sentenza será a porta pechada.

 

Noticias web

23/11/2020